Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza...
Leer descripción completa
13,50€
Disponibilidad alta
Información
Descripción
Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais.
A súa busca ten tempo límite: 48 horas. Entre todos serán quen de atopalo?
Cándido Paniagua Pousa (1992). Nado en Xinzo de Limia, reside en Vigo dende que se graduou en Estudos de galego e español pola Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como profesor de Lingua galega e literatura no ensino secundario obrigatorio, tarefa que compaxina coa elaboración da súa tese, que versa sobre a linguaxe dixital.
Como escritor, comezou na adolescencia a participar en diversos certames. Entre os premios que ten no seu haber destacan o Xuventude Crea (2017 e 2018) e o Biblioteca Rosalía de Castro (2018). A súa opera prima foi a novela negra O caderno de erros (2018).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión