47 poetas de Hoxe cantan a Curros Enríquez
47 poetas de Hoxe cantan a Curros Enríquez

47 poetas de Hoxe cantan a Curros Enríquez

Jiménez Aleixandre, María Pilar

Editorial:
XERAIS
ISBN:
978-84-8302-679-3
Manuel Curros Enríquez foi o primeiro poeta galego coroado en vida, fenómeno que só se repetiría en 1958 con Ramón Cabanillas; coroados co loureiro que expresa o recoñecemento dos... Más información
Editorial:
XERAIS
Colección:
EDICIÓN LITERARIA
Encuadernación:
No definida.
País de publicación :
España
Idioma de publicación :
Español
Idioma original :
Gallego
ISBN:
978-84-8302-679-3
EAN:
9788483026793
Dimensiones:
210 x 130 mm.
Peso:
140 gramos
Nº páginas:
96
Fecha publicación :
01-09-2001
Disponible en 1 librerías

Dónde encontrar "47 poetas de Hoxe cantan a Curros Enríquez"

Stock en librería
Disponible en 2-3 Días

Disponible en 1 librerías

    Sinopsis

    Sinopsis de: "47 poetas de Hoxe cantan a Curros Enríquez"

    Manuel Curros Enríquez foi o primeiro poeta galego coroado en vida, fenómeno que só se repetiría en 1958 con Ramón Cabanillas; coroados co loureiro que expresa o recoñecemento dos pobos polos seus vates máis amados. Na noite daquel 21 de outubro de 1904, dous días antes de regresar a Cuba, Curros foi homenaxeado nunha velada literaria realizada no Teatro Principal da Coruña (hoxe Rosalía de Castro) na que recibiu unha coroa de prata e ouro que, trala súa custodia durante moitos anos nas vitrinas do Centro Galego da Habana, se garda dende 1978 na sede da Real Academia Galega. Vintecinco poetas coroaron cos seus versos a quen expresou mellor ca ningún outro os ideais de modernidade do seu tempo: a xeralización da educación popular, o desenvolvemento da industria e a modernización da agricultura, como instrumentos eficaces para acadar o progreso e o benestar. Vintecinco follas voandeiras, coidadosamente impresas, exaltaron a unha voz radicalmente social, democrática e progresista, fielmente republicana e galeguista; a palabra purificadora e combativa que denunciou con ironía o caciquismo e o clericalismo, a miseria campesiña ou a situación na que se atopaba unha parte da emigración galega; a voz “da patria aos desterrados, de liberdade e redención aos servos”, como xa sinalaba o poeta na introducción de “Aires da miña terra”. Foi o propio Curros quen pechou a homenaxe declamando“A o pobo cruñés”, versos intensos nos que se definía como “o paxaro ao que tallaron o bico, cando empezaba o seu canto” e se despedía emocionado do “Orzán tempestoso” e da súas xentes máis humildes.47 poetas galegos de hoxe cantan a Curros Enríquez constitúe, tamén, a primeira e máis ampla antoloxía da poesía galega publicada nos últimos anos. Unha contribución que Xerais realiza ó poeta que hoxe Galicia volve recoroar.

    Más sobre

    Jiménez Aleixandre, María Pilar

    Información sobre el autor no disponible


    Más títulos de Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Los lectores opinan

    Valoraciones y comentarios

    No hay comentarios, sé el primero en comentar

    Añadir comentario
    También te puede interesar

    Libros relacionados