LUÍSA VILLALTA (A Coruña, 1957). Iníciase na arte polo camiño da música, coicidente co da palabra no exercicio da poesía. Entre os seus títulos cabe destacar Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do olio (1995), amais de colaborar en diferentes medios, antoloxías, revistas web, etc., así como en numerosos recitais poéticos. Tamén publicou numerosos artigos en revistas periódicas entre as que cabe citar Man común, Grial, A Festa da palabra silenciada, A Trabe de Duro, Mondo Lusófono, Agália, Tempos Novos, Página abierta... e sempre procurou pronunciase publicamente en favor da defensa e consolidación da lingua e a cultura galega como expresión xenuina de Galicia. En canto a outros ámbitos creativos, cultiva a narrativa con títulos como Silencio, ensaiamos (1992), ou Teoría de xogos (1997); e o teatro, con Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). Entre as súas obras de análise e ensaio destacan a don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e a outro lado da música, a poesía (1999), no que traza unha orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación ancestral desta arte coa música. Ademais, participa nas actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega en calidade de directiva e coordina a Área de Revisión histórica e análise critica do Foro da Cultura Galega.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión