Xosé Cermeño (A Coruña, 1959). Licenciado en Socioloxía. Autor de varios programas de televisión: Os outros feirantes, primeira serie dramática da Televisión de Galicia; Arroz con chícharos e Pratos combinados. Ten publicada obra en case tódolos xéneros. Estreou teatro, Almas perdidas (1987), co Centro Dramático Galego; publicou poesía, Historia de Abaddón (1991); relatos infantís, Paula e as palabras que levou o vento (1994), Paula e as mazás que tiñan frío (1994), Estes días refresca polas tardes (1991), Neve, reneve, requeteneve (1995); Estas rapazas chegarán moi alto (Xerais 1995); obras de divulgación sobre os medios de comunicación, A televisión (1993), Os oficios do cine e da televisión (1993), A publicidade (1993) e sobre gastronomía, A cociña dos Vilas (Xerais 1993). Como narrador ten publicados os libros de relatos: Ciencia de facer as camas (Xerais 1994) e Os nervios da cabeza (Xerais 1994), Premio Cidade de Lugo de Narrativa.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Puede obtener más información aquí o cambiar la configuración.
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión